Home Programas Espazo Aberto Ponteareas homenaxea a Alfonso Pexegueiro

Ponteareas homenaxea a Alfonso Pexegueiro

0
Ponteareas homenaxea a Alfonso Pexegueiro
Alfonso Pexegueiro (IC)

Galiza, na súa literatura, é prolífica en autores e autoras que quedan no esquecemento. Se fixéramos unha listaxe e faláramos de poesía un dos que non podería faltar é Alfonso Pexegueiro.

O autor de “Seraogna”, membro do grupo Rompente xunto a Antón Reixa e Camilo Valdehorras, participou na ruptura poética dos 70 ademais de ser un dos fundadores da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Con estes antecedentes o concello de Ponteareas tomou a decisión de homenaxealo esta fin de semana con motivo da presentación do libro “Blasfemias de silencio (De Seraogna aos Balcáns)” cun acto este sábado 19 de maio ás 19:30 horas no Salón Multiusos no Auditorio Municipal de Ponteareas. Ao día seguinte, domingo 20, realizarase un roteiro literario a partir das 10 horas con saída desde a igrexa parroquial de Angoares por algúns dos lugares de “Seraogna”.