Home Programas Área Compostela Ponte no seu lugar: caras coñecidas súbense á cadeira de rodas en Compostela

Ponte no seu lugar: caras coñecidas súbense á cadeira de rodas en Compostela

1
Ponte no seu lugar: caras coñecidas súbense á cadeira de rodas en Compostela

A accesibilidade nos espazos públicos hoxe tivo o seu protagonismo na cidade de Santiago coa organización dun roteiro en cadeira de rodas pola cidade, baixo o lema “Ponte no meu lugar” prepararon o concello e Cogami.

A proposta contou coa participación de numerosos rostros coñecidos do mundo da cultura e a comunicación, entidades e membros do goberno e a corporación municipal que tiveron que realizar un percorrido polo centro en torno á Praza de Galiza e a Carreira do Conde. Unha das entidades participantes foi a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.

Entre as caras coñecidas que vimos hoxe nesta actividade de concienciación estaban as actrices Isabel Blanco, Mónica García e Ledicia Sola, o actor Xosé Antonio Touriñán, os xornalistas Terio Carrera, Clara de Saa e Ana Pérez, e deportistas como Pedro Nimo, Esther Pedrosa ou Luis Penido. Por parte do mundo sa cultura e a Universidade estiveron Jorge Mira e Rosa Aneiros.

Tamén no mundo da política

Tamén participaron os concelleiros Alejandro Sánchez-Brunete (PP), Gonzalo Muíños (PSOE) e Rubén Cela (BNG). O Goberno municipal estivo representado polo concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte; e a responsable de Políticas Sociais, Concha Fernández.