Polo dereito á saúde con equidade

Farmamundi organiza un seminario o 2 e 22 de febreiro que abarcará a importancia do acceso aos medicamentos con enfoque de xénero e interculturalidade

Farmamundi levará a cabo os días 21 e 22 de febreiro o Seminario “Polo dereito á saúde con equidade“. A barreira que supoñen as patentes no acceso aos medicamentos será un dous temas a tratar, porque, como nos explica Lorena Peillet, Técnica de Farmamundi, non é so un problema dos países en desenvolvemento.  “En 2017 máis de dous millóns de persoas en España non puideron retirar a súa receita polo alto prezo do medicamento”, engade. O suministro de maerial e medicamentos en contextos humanitarios tamén ocupará parte da xornada.

Alén diso, outra parte principal do seminario ocuparano as mulleres, ou máis ben a “ausencia delas nos estudos clínicos ata os anos 90”, comenta Peillet. A desigualdade de xénero xerou un presente no que se descoñece en moitos casos como se manifestan as doenzas de xeito diferente nas mulleres, e unha grave “tendencia á hipermedicalización”, como explica, algo do que afortunadamente se está a comezar a tomar consciencia.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O seminario terá lugar no salón de graos da Faculdade de Farmacia da USC. Para consultar o programa, prema aquí.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -