A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, presentou esta en rolda de prensa a memoria da I xornada sobre a situación das persoas sen fogar, celebrada en Compostela o pasado 27 de outubro. Nela salientou como fundamentais as experiencias do Modelo Housing First e o modelo de atención ás persoas sen fogar e con trastornos mentais. Do primeiro salientou que o 80% das persoas manteñen a vivenda despois de dous anos.
O modelo de atención ás persoas sen fogar e con trastornos mentais, para a edil compostelá, ten que visibilizar o fogar e non quedarse coa temática do alcohol, drogas ou delincuencia.
Segundo os datos dados a coñecer por Concha Fernández e procedentes da Cruz Vermella, Compostela atende entre 25 e 40 persoas sen fogar. Na mesma rolda de prensa a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde informou que aínda non teñen contestación á carta enviada á Valedora do Pobo o pasado 23 de novembro e na que se solicita, entre outras, que “non se provoque alarma social criminalizando a este colectivo”.