“En política forestal, Feijóo fracasou”

Leiceaga acusa a Feijóo de abandonar o rural

A situación no rural galego é de extrema gravidade. Así pensa o portavoz do PSdeG-PSOE, Xoaquín Fernández Leiceaga, que na quenda de control parlamentar ao presidente da Xunta asegurou que o noso país vive unha regresión do rural desde o 2008 sensación de abandono, baixaron as primas da PAC e os seus beneficiarios.

- Publicidade -

O voceiro socialista indicou ao remate que Feijóo impuxo unha politica de desmantelamento das politicas aplicadas no goberno do seu partido e o BNG como o Bantegal.

Leiceaga achegou cifras ao debate como as que sinalan que cada cinco persoas que vivían do agro cando chegou Feijóo ao goberno agora só quedan tres e que os traballadores no rural baixaron de 117.000 a 70.000 en nove anos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego