A Policia local de Santiago renova parte do parque automobilístico

A Praza do Obradoiro foi o lugar escollido para presentar os novos vehículos cos que contará a partir de hoxe a Policia local de Santiago. Son oito monovolumes presupostados en 342.680 euros máis IVE; e un todoterreo que contou cun investimento de 53.328 euros máis IVE. Na presentación participaron o alcalde da cidade, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Mobilidade, Xan Duro, acompañados do inspector principal do Corpo, José Manuel Traba.

O Concello de Santiago empregou o sistema de renting para adquirir este vehículos polo que poderá realizar os pagos en catro anos. Con estas incorporacións poderán darse de baixa os coches máis vellos do parque automobilístico da policia local.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -