Home Programas Área Compostela A Policía Local de Compostela concienciará á cidadanía do uso correcto das cadeiras nos coches

A Policía Local de Compostela concienciará á cidadanía do uso correcto das cadeiras nos coches

0
A Policía Local de Compostela concienciará á cidadanía do uso correcto das cadeiras nos coches

“Sentádevos seguros, sentídevos seguros”, nova campaña sobre seguridade viaria

O Departamento de Seguridade Viaria da Policía Local de Santiago quere que a poboación do municipio faga un uso correcto dos sistemas de retención infantil.

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, acompañado pola oficial da Policia Local Diana Parente, explicou en rolda de prensa que logo de varias iniciativas na procura de máis seguridade para a poboación decidiron tratar o tema das cadeiras infantís nos vehículos motorizados.

 

Dianta Parente: “Detectamos un uso incorrecto dos sistemas de retención infantil”

A oficial da Policia Local, Diana Parente, explicou en que consistirá esta campaña que visitará os centros de ensino da cidade.

A campaña que se desenvolverá na propia rúa dende o 29 de maio e ao longo de dúas semanas é a primeira que trata este tema na cidade. A Policía Local ten previstas catro novas charlas informativas sobre este tema, dúas no CHUS, o día 14 de xuño ás cinco da tarde e o 15 de xuño ás once da mañá e outras dúas no Centro Sociocultural do Ensanche, o 16 de xuño ás 17:30 horas, e o 17 de xuño ás 11:00 horas. A inscrición para as mesmas pódese facer a través do teléfono 981 543 001 ou no enderezo electrónico educacionvial@santiagodecompostela.gal.