Polémica nas redes por outro premio público que exclúe o galego

O Ministerio de Educación presenta uns premios para os mellores TFG e TFM, sempre que o traballo estea redactado en castelán

O Ministerio de Educación presenta na súa web os Premios Arquímedes, que buscan fomentar a investigación científica premiando os mellores traballos de investigación de grao e máster. A polémica tróuxoa un dos requisitos, marcado en negriña nas bases: “El trabajo de investigación debe estar redactado en castellano.”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Nas redes sociais quéixanse desta discriminación, que non é unha excepción e tamén afecta ás outras linguas do estado, como denuncia a Plataforma per la Llengua País Valencià.

A situación do galego na universidade é crítica. Segundo as estatísticas de USC publicadas en maio, nas teses a porcentaxe de galego é do 8%, lonxe do castelán (58%) e do inglés (30%) e non moito máis que en portugués (4,3%). Na docencia, o galego é do 22%.

https://twitter.com/BertaPan/status/1152173857702154242

As universidades galegas presentan premios aos mellores traballos en galego, como a UVigo, mais polos resultados e estatísticas non semellan suficientes para mellorar o contexto do galego na universidade.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -