Home Espazo Aberto Lingua Polémica e enfrontamentos arredor da figura de Carvalho Calero

Polémica e enfrontamentos arredor da figura de Carvalho Calero

0
Polémica e enfrontamentos arredor da figura de Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero será o homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2020. Tras varios anos concorrendo a este recoñecendo, o alma máter do reintegracionismo semella por fin obter o protagonismo dun 17 de maio. A polémica que xira arredor da súa figura aínda continúa a día de hoxe. Pódese ver, por exemplo, na reacción da presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez, que con sorpresa pola pregunta e, tras un amplo silencio, evitaba valorar a candidatura de Carvalho Calero.

A candidatura terá que ser ratificada este sábado no plenario da Real Academia Galega. Dende a AGAL, o presidente Eduardo Maragoto, celebraba a nova e pedía “non esquivar o ideario reintegracionista” de Carvalho Calero ao mesmo tempo que esixe que se respecte a ortografía coa que escribía o seu nome.

Ver vídeo enteiro no seguinte enlace.