Desde DramaturGA, asociación de Dramaturgas e dramaturgos de Galicia, veñen de manifestar o seu apoio Carlos Santiago, protagonista da semana en Compostela pola polémica xurdida a raíz da lectura do pregón do entrorido.
“O Entroido non se civiliza”
A entidade vén de emitir un comunicado en defensa do humor e contra o “acoso ao que está sendo sometido” o humorista compostelán. Desde o sector artístico galego alertan de que se está a poñer “en tela de xuízo” a liberdade de expresión. Deste xeito, amosan o seu “apoio sen fisuras” o pregón do entroido e denuncian a “evidente estratexia de manipulación mediática” contra Carlos Santiago
O entroido é, tal e como difunden no comunicado, “un espazo de sátira e humor” e rexeitan contundentemente a “vía represiva” e “censura” promulgada por determinados medios de comunicación así como pola propia Igrexa Católica. O comunicado, divulgado hai escasos minutos, pódese ler integramente nesta ligazón