Home Programas Área Compostela Poesía e obradoiros tradicionais para festexar o Banquete de Conxo

Poesía e obradoiros tradicionais para festexar o Banquete de Conxo

0
Poesía e obradoiros tradicionais para festexar o Banquete de Conxo
SONY DSC

O barrio de Conxo quenta os motores de cara á Festa do Banquete que se celebrará a fin de semana do 21 e o 22 de abril. Porén, o ambiente festivo poderá percibirse xa durante os días previos á romaría. O centro sociocultural de Conxo promoverá diferentes actividades coma obradoiros de creación de traxes da época durante os días 6, 7, 13, 14 e 20. Mais, sen dúbida, un dos pratos fortes da celebración será a Festa da Poesía, conducida por María Lado o propio sábado 21.

Máis dun século e medio despois, a capital de Galicia revivirá un dos eventos máis transcendentes da súa historia

Un evento de transcendencia histórica

Cómpre salientar tamén o importante peso da cultura e a historia nesta festividade que terá lugar na emblemática carballeira de Conxo. O obxectivo do Concello é proxectar o barrio compostelán e a súa transcendencia histórica “á cidade e a todo o país”, a través de actos coma a mesa redonda que amosará, o sábado 21 ás 17.00 horas, a importancia que tivo daquela o Banquete de Conxo.

A partires das 18.30 horas do sábado, será a quenda para os máis cativos, que explicarán no obradoiro “O Conxo que queremos” o que máis e o que menos lles gusta do barrio. O pregón do Banquete correrá a conta da mestra e veciña da zona Marisa Álvarez, e será o domingo ás 12.45 fronte ao CSC.