“Podendo ampliar a EDAR da Silvouta, o proxecto do Souto é unha aberración”

A Plataforma pola Recuperación do río Sar avoga por mellorar a infraestrutura actual

O Concello de Santiago segue sen acadar un acordo coa Xunta e o Estado para determinar a ubicación definitiva da nova depuradora, malia que todo parece indicar que a infraestrutura se levantará no Souto. Esta posibilidade, impulsada polo Goberno do Partido Popular de Santiago para cumprir a súa promesa electoral no ano 2011, levanta certa suspicacia entre os colectivos ecoloxistas, que denuncian o “enorme impacto ambiental” que se provocaría sobre O Souto.

Suso Noya, presidente da Plataforma pola Recuperación do río Sar, defende que se trata dunha paraxe natural “única”, que conta cunha mámoa, un castro, tres petroglifos e numerosas árbores senlleiras que serían devoradas no caso de concretarse o proxecto da nova EDAR. Emporiso, a Plataforma considera que a mellor solución para o conflito da depuradora sería ampliar e mellorar as instalacións actuais da Silvouta, xa que o proxecto do Souto é “unha aberración”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Competencia de Augas de Galicia

Así e todo, Noya lamentou a “performance” do voceiro do PP de Santiago, Agustín Hernández, denunciando que a contaminación do Sar é unha consecuencia do “mal funcionamento” da EDAR da Silvouta e a “desidia” do Concello de Santiago. Porén, esta afirmación non é do todo correcta, xa que a limpeza da beira do río é competencia de Augas de Galicia, é dicir, da Xunta.

O 50% das augas de Ames vértese directamente ao río Sar pola falta de capacidade da depuradora

Cando ostentaba o cargo de conselleiro de Medio Ambiente, Hernández comprometérase a ampliar e mellorar a tecnoloxía da depuradora de Sisalde, unha promesa incumprida que provoca, en consecuencia, que a metade das augas do municipio desemboquen no Sar sen seren previamente depuradas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -