Podemos Galicia reivindica en Sarria un “Estado plurinacional federal”

A formación que lidera Carmen Santos celebrou o “Día da Matria” nun acto no que partiparon membros da comunidade siria en Galicia

Podemos Galicia escolleu a localidade lucense de Sarria para celebrar o 25 de xullo, o seu “Día da Matria”. Nun acto cargado de simbolismo a formación morada reivindicou o papel da muller galega na construcción de Galicia como Nación e reuniu a membros da comunidade siria en Galicia.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, defendeu na súa intervención o traballo da muller galega, un “traballo invisibilizado” que mesmo “pariu matria” na emigración.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Santos denunciou o “exilio” de moitas polo “paro, a precariedade e a corrupción dos gobernos de Feijóo e Rajoy”. Neste sentido lembrou a problemática de refuxiadas e refuxiados que temos hoxe a ao propio municipio de Sarria que foi o primeiro dos concellos galegos en acoller ás persoas sirias que fuxían da guerra.

No acto de Podemos Galicia tamén interveu Fadile Chami, activista siria polos dereitos humanos, que quixo agradecer a boa acollida que tivo na localidade mália a dureza da súa experiencia como refuxiada.

Tamén participou no acto a secretaria de organización de Podemos Galicia, Natalia Prieto, para reivindicar a estrutura comarcal que “axudaría a revitalizar o rural galego”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -