Podemos fala de “fracaso” do proxecto de En Marea e apela ás formacións críticas a crear outro

O envio dun comunicado á militancia é o primeiro paso e agora agardan traballar ese novo espazo xunto ás formacións que participaron da lista “Entre todas”

Podemos dá o primeiro paso de cara a creación dun novo proxecto para as mareas. Luca Chao, deputada desta formación, explicou a Nós Televisión os resultados da auditoría que presentaron sobre o proceso de elección da nova dirección e que sería o detonante dun novo proceso que comezou onte co envio dun comunicado á propia militancia de Podemos Galicia.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O futuro

“Aínda é cedo para contar cunha resposta”, sinala Luca Chao en relación ao resto de formacións do sector crítico con Luís Villares, ”mais os contactos existen de xeito fluído a partir do traballo realizado coa candidatura de Entre todas“.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -