Home Programas Espazo Aberto Podemos, Anova, EU e as mareas municipalistas irán en coalición con Gómez-Reino á cabeza

Podemos, Anova, EU e as mareas municipalistas irán en coalición con Gómez-Reino á cabeza

0
Podemos, Anova, EU e as mareas municipalistas irán en coalición con Gómez-Reino á cabeza

A esquerda rupturista chegou a un acordo in extremis para concorrer ás eleccións en Galicia.  Podemos, Esquerda Unida, Anova e as mareas municipalistas concorrerán en coalición con Antón Gómez-Reino, secretario xeral de Podemos-Galicia, como candidato á presidencia da Xunta.

As asembleas de Compostela Aberta e Marea Atlántica aprobaron o impulso dunha candidatura de unidade popular e, finalmente, conseguiron alcanzar un principio de acordo. Segundo fontes consultadas por Nós Televisión, o pacto para conformar esta coalición contaría cun reparto equitativo nos espazos vinculados a Podemos e os de Anova xunto ás mareas municipalistas.

Con este acordo, a esquerda rupturista presentarase en coalición ás eleccións galegas que se celebrarán o 5 de abril.