O curso de verán da UDC ‘Traballando en Lingua’ di que si e coloca a práctica en Carballo. O reitor da Universidade da Coruña, a secretaría Xeral de Política Lingüística xunto o alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, asinaron un convenio mediante o cal arranca esta semana o curso de verán de dinamización lingüística ‘Traballando en lingua no turismo’.
Esta décimo quinta edición do curso de verán, organizado pola UDC coa colaboración do Concello de Carballo, ten como obxectivo potenciar o uso da lingua no turismo, como un valor e un recurso que xere interese en ser coñecido e valorado polo turismo. As sesións constan de conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos en que se analizan o por que, como, onde e cando se deixa de utilizar o galego ao entrar en contacto con xente de fóra. Haberá turistas que se poidan decantar por Galicia por ter unha lingua propia? Esta e otras cuestións centrarán o programa do curso, a que se tratará de dar resposta.