O sector medioambiental non acepta tódalas directrices do novo Plan Forestal da Xunta, que prevé duplicar as plantacións de eucalipto no país. José Manuel Couselo, axente medioambiental e sindicalista da CIG, considera que pode haber eucalipto nos montes galegos “sempre que estea regulado”, mais non sementado sen control.
Así e todo, lembra que estas árbores deben acompañarse de “masas de frondosas” ao seu redor, co obxectivo de evitar converter o monte nun polvorín se hai lume. Eucalipto? Si, pero baixo control.