Home Programas Área Compostela A pobreza enerxética en Santiago preocupa ao BNG local

A pobreza enerxética en Santiago preocupa ao BNG local

0
A pobreza enerxética en Santiago preocupa ao BNG local

O voceiro municipal do BNG en Santiago, Rubén Cela, anunciou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi que o seu grupo presentará no vindeiro Pleno municipal ordinario unha iniciativa para evitar os cortes de luz nas vivendas con poucos recursos.

Entre as solucións que solicita o BNG local figuran a baixada do IVE do 21% á enerxia eléctrica, algo que o goberno español non considera de primeira necesidade. Outra das demandas é instar ao goberno do Estado español a regular a prohibición de cortes de subministro eléctrico de xeito unilateral por parte das empresas destes servizos e que xa causou varias mortes.