O voceiro da Plataforma de Afectadas pola Hepatite C, Quique Costas, explica con firmeza que “polas cousas que non fixeron ben, houbo xente que morreu” e sinala directamente á Xunta de Galicia e á súa “mala xestión” no subministro do tratamento, como responsables. Na causa aberta polo xulgado de instrucción número 3 de Compostela, a Xunta de Galicia ten nome de dous altos cargos: Félix Rubial, exdirector xeral de Asistencia Sanitaria, e Carolina González-Criado, subdirectora xeral de Farmacia, imputadas por homicidio por imprudencia profesional grave e prevaricación. Agora, o xuíz Andrés Lago Louro determina o arquivo do procedemento xudicial. A Plataforma de Afectadas pola Hepatite C anunciou que recorrerá o auto aínda que, tal e como explica Quique Costas a Nós Televisión, a importancia deste caso vai máis aló dos tribunais. 

- Publicidade -

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego