Home Espazo Aberto Medio ambiente Plataforma contra a mina de Touro: “Gañamos a primeira batalla pero non a guerra”

Plataforma contra a mina de Touro: “Gañamos a primeira batalla pero non a guerra”

0
Plataforma contra a mina de Touro: “Gañamos a primeira batalla pero non a guerra”

“Somos conscientes de que podería volverse a producir”, destaca José Morentín, integrante da Plataforma veciñal contra a Mina de Touro- O Pino. Morentín, máis coñecido como ‘Navarro’ entre a veciñanza pola súa orixe, sostén que estes 288 días de loita “mereceron a pena”.  Despois de que a Xunta dese carpetazo ao proxecto de reapertura da mina de Touro por Atalaya Mining, a Plataforma veciñal de Touro celebra con cautela esta vitoria popular. “Gañamos a primeira batalla pero non a guerra”.

A victoria da veciñanza de Touro e O Pino afecta tamén a plataformas veciñais como a de Casalonga Limpas de Residuos ou Salvemos a Comarca de Ordes a quen lles dá forzas para pular na loita. Nesta loita contra o proxecto de reapertura da mina de Touro, participaron persoas como o doutor Steven Emerman un experto en seguridade mineira que visitou Galiciapara inspeccionar as minas de San Finx, en Lousame, e a de Touro-O Pino. Emerman, que foi entrevista polo equipo do Salto Galiza, forma parte do equipo que elaborou os informes que solicitan non continuar con estes proxectos mineiros que poderían poñer en risco á poboación da contorna.

Outro dos últimos movementos produciuse en Europa. Integrantes da Plataforma veciñal contra a Mina de Touro e das asociacións ecoloxistas Cova Crea e Petón do Lobo, que forman parte á súa vez da rede Contraminacción, acompañadas da voceira nacionalista en Europa Ana Miranda, compareceron ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo onde deixaron constancia das súas reclamacións.

As solicitudes constan, por un lado, dunha denuncia sobre o impacto ambiental e social que suporá o proxecto de extracción de cobre a ceo aberto que actualmente tramita a empresa Cobre San Rafael. A maiores, denuncian a falta de transparencia da Xunta de Galicia no procedemento, algo que incumpriría as normativas europeas.