Como xa estaba anunciado, a Consellería de Xustiza non acudiu ao chamado ao diálogo realizado pola CIG, CUT e e STAJ. Ninguén da consellería dirixida por Rueda se presentou esta mañá na sede da Escola Galega da Administración Pública e as e os delegados sindicais ficaron na rúa pois a propia Xunta impediu o acceso ás instalacións.
Rueda é un mentiroso e chantaxista
Continúa a folga na Xustiza e xa van 85 días. As negociacións, lonxe de mellorar, semellan estar en punto morto cunha Xunta de Galicia que non está disposta a retomar as negociacións cos sindicatos que gañaron as votacións da pasada semana posto que oferta que se someteu a consulta é “definitiva”.
Así foi a chegada dos delegados sindicais da CUT, STAJ e CIG. Horas antes, a Xunta de Galicia xa rexeitara o convite a participar nunha nova mesa de diálogo pic.twitter.com/1suZebg21X
— Nós Televisión (@NosTelevision) 2 de mayo de 2018
A CUT, STAJ e a CIG organizan para hoxe mesmo unha nova reunión para avaliar a situación e analizar os novos pasos a dar nunha folga que continúa a marcar a axenda mediática galega.