O grupo municipal do Partido Popular levará ao vindeiro Pleno unha batería de preguntas para que o alcalde “aclare” os pormenores do estudo sobre as vivendas de uso turístico, impulsado pola oficina municipal de Turismo, ‘Incolsa’.
O PP critica a “opacidade” de Raxoi no tocante a Incolsa
Asemade, a concelleira María Antón lamentou a falta de “reflexión e consenso” no deseño do Plan Estratéxico de Turismo, asegurando que o grupo de Goberno “non consultou” aos partidos da oposición.
Noriega: “A xestión de Marta Lois baséase na solvencia e a transversalidade”
Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, desbotou o argumentario do PP, garantindo que tódolos concelleiros e concelleiras da corporación municipal coñeceron en todo momento os avances neste proxecto. Así e todo, gabou a xestión de Marta Lois á fronte da concellaría de Turismo, incidindo en que “non é sospeitosa de ocultar información aos demais grupos”.
Porén, as xustificacións de Compostela Aberta non convencen ao grupo municipal do PP, que insiste en salientar a “pésima xestión” do Goberno en tódolos asuntos referidos ao Turismo.