A pista de xeo abrirá como moi tarde o 22 de decembro e xa se está a traballar na súa instalación na Alameda de Santiago. O concelleiro Xan Duro informou desta circunstancia nun encontro informal coa prensa local de Santiago.
Xan Duro comunicou cales foron as novas condicións que convenceron á empresa que levará a pista de xeo, a mesma que a levou o ano pasado, e rexeitou as críticas da oposición.
A Pista de xeo estará aberta ao público ata despois das festas, en concreto ata o día 15 de xaneiro. Non haberá xornada de portas abertas tal e como figuraba no prego de condicións que preparou o concello no seu momento.