Pilar Cancela critica a posición do PPdeG en Madrid

A deputada socialista no Congreso dos Deputados, Pilar Cancela, participou esta mañá nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi

A deputada compostelá no Congreso en Madrid, Pilar Cancela, presentou en rolda de prensa xunto ao voceiro do grupo municipal do seu partido, Paco Reyes, as súa propostas para os Orzamentos Xerais do Estado de 2017. Comezou a súa intervención criticando a actuacións de deputadas e deputados galegos do PP en Madrid.

- Publicidade -

As propostas do grupo socialista

As propostas presentadas pola representante socialista no Congreso pasan por recuperar as cantidades que se inverstían na capital galega no goberno de Zapatero e tratar temas como a Intermodal, a Depuradora ou a Estación de Mercadorias da Sionlla.

Paco Reyes, polo seu lado fixo fincapé na importancia de recuperar a participación económica que tiña o Consorcio

O voceiro municipal socialista informou que esta mesma semana comparecerá en rolda de prensa no Pazo de Raxoi o portavoz do PsdeG no Parlamento Galego, Xaquín Fernández Leiceaga para dar conta da posición do seu partido nos orzamentos da Xunta en relación á capital galega.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego