O pasado 17 de setembro transcorreu en Compostela unha xornada de protesta polo esmorecemento do sector cultural galego ante a COVID-19.
Na protesta, estivo presenta a compañeira Pilar Aymara, de Rosalía TV, que entrevistou a José Manuel Moldes, presidente de TESGAL, unha asociación sindical coa pretensión de xuntar a todos e todas as profesionais técnicas ao vivo para lograr unha maior efectividade na promoción e na defensa dos seus intereses profesionais comúns.