O autor italiano Pietro Gottuso foi o gañador do XIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado cun proxecto titulado “Desde 1880”, que representa o paso do tempo a través dunha libraría. O certame, organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA, ten unha dotación económica de 9.000 euros e conleva a publicación da obra na cinco linguas peninsulares. A artista guipuscoana Maite Gurrutxaga foi a finalista do XIII Premio Compostela cun álbum titulado “Bola”. Ademais, o xurado outorgoulle unha mención especial a “Pájaros”, da uruguaia Lucía Franco e da arxentina Natacha Ortega.
Pietro Gottuso, con ‘Desde 1880’, gaña o XIII Premio Compostela de Álbum Ilustrado
“Bola”, da artista vasca Maite Gurrutxaga, é o proxecto finalista do certame, ao que se presentaron uns 400 traballos dunha vintena de países