A Fiscalía solicita 3 anos e 9 meses de prisión e 4.680 euros de multa contra o delegado da CUT Luís Bar por uns incidentes acontecidos no ano 2017 durante a folga que tivo lugar en Vigo no Grupo Pescanova.
O sindicato sinala á empresa como responsable dunha situación que non tería consecuencias se non tivera actuado a policia con excesiva violencia.
A CUT rexeita a petición de 3 anos e 9 meses de prisión e 4.680 euros de multa contra o seu delegado en Pescanova
Segundo relatan desde a CUT na concentración o día de folga os sindicatos estiveron informando a traballadores e traballadoras do seu dereito a facer folga cando a empresa chamou á policia e 15 dotacións personáronse no lugar.
Nun incidente menor, segundo relata a CUT, entre unha muller e un policia foi detido o delegado sindical Luís Bar cando tentaba mediar.
Agora a fiscalía solicita esa elevada pena e o sindicato xa anunciou o seu rexeitamento e anuncia unha campaña informativa sobre esta situación.