A arte rupestre galega é unha das máis ricas e singulares de toda Europa. Ata o de agora, catalogáronse arredor de 3.000 petróglifos mais calcúlase que poderían chegar a ser 8.000.
Este patrimonio, moi vinculado coa nosa identidade como pobo, habita nos nosos montes. Os lumes forestais, e as carencia da ordenación do territorio, convértense nun dos principais obstáculos á hora de conservar e coidar a nosa arte prehistórica.