As persoas con autismo non están enfermas, son distintas

O Concello da Estrada acollerá diversos actos para celebrar o Día Mundial do Autismo

Este sábado a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar ( APACAF) en colaboración có Concello de A Estrada, celebrará o Día Mundial do Autismo.
Pola mañá un stand na porta principal do Novo Mercado repartirá folletos con información sobre este trastorno e globos azuis. Ás 12 na praza do Concello farán un acto simbólico de romper barreiras con motivo do lema deste ano “Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Concerto benéfico

Para pechar a xornada ás 8 da noite terá lugar un concerto benéfico no Teatro Principal cunha entrada de 5€, no que participarán a Coral da Estrada, Coral de Berres, Os Lóstregos e o grupo Aquamúsica e colaboradores de Ourense.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -