O compromiso das institucións para coas persoas damnificadas pola traxedia en Tui está a ser efectivo. A presidenta provincial, Carmela Silva, decidiu o traslado hoxe venres ao concello de Tui de seis persoas traballadoras sociais da Deputación, cinco mulleres e un home, para dar cobertura ás familias afectadas pola traxedia.
A disponibilidade destes traballadores e traballadoras foi total, cousa que agradeceu a presidenta. As seis persoas, que pertencen aos departamentos de Cohesión Social, Igualdade e Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra incorporaronse ao servizo e puxéronse a disposición da única traballadora social do Concello para repartirse o traballo.
Cobertura 4G á zona
O departamento de Novas Tecnoloxías da Deptación, ademais, enviará tamén ao concello de Tui o material técnico e medios informáticos necesarios para dar cobertura 4G e móbil á zona e os vehículos e a maquinaria precisa.
A presidenta asegurou que o goberno da Deputación “porá todos os medios e persoal necesario porque estamos ante unha situación terrible na que as axudas teñen que chegar o antes posible”.