Cada vez son máis as denuncias por acoso policial a activistas no noso país. Desta vez é a Confederación Intersindical Galega, CIG, quen denunciou publicamente o acoso a Renato Núñez, membro da súa Executiva Confederal.
Conversamos con Renato Núñez, sindicalista da CIG que denuncia reiteradas situacions de persecución e acoso policial
Publicada por Nós Televisión en Martes, 8 de agosto de 2017
Renato: “Hai acoso, persecución e control da miña actividade”
O activista explica que as circunstancias do suceso levan a pensar que hai unha situación de acoso contra a súa persoa. Lembra outra circunstancia semellante de persecución e control da súa actividade nas redes sociais da que rematou absolto pola xustiza.
Núñez denunciou os feitos no Xulgado de Garda de Santiago solicitando, ademais, toda a documentación policial dese mesmo día para comprobar se se tomaron as mesmas medidas contra os propietarios doutros vehículos mal aparcados na zona.