Houbo representación compostelá na Comisión de Investigación sobre a Crise financeira en España no Congreso dos Deputados . O activista compostelán contra as preferentes, Suso Domínguez, representou aos milleiros de afectados no noso país.
O voceiro da plataforma de afectados censurou que as antigas caixas galegas venderon 1.800 millóns de euros en productos tóxicos do que só pagaron unha multa mínima de dous millóns e que, anos despois, non hai ningunha responsabilidade a nivel político dunha “estafa millonaria”