Home Programas Espazo Aberto “Pénsase que hai xustiza, pero queda moito por facer en materia de xénero”

“Pénsase que hai xustiza, pero queda moito por facer en materia de xénero”

0
“Pénsase que hai xustiza, pero queda moito por facer en materia de xénero”

As actuacións xudiciais en materia de xénero, a debate. O curso de verán da USC A construción do xénero e o sistema de (in)xustiza, que se celebra estes días na Facultade de Dereito, sinala aquelas cuestións que acostuman a ficar esquecidas do debate público.

Temos un sistema de inxustiza

Conversamos con Raquel Castillejo, catedrática de Dereito Procesual e directora do curso, quen expón a importancia de realizar eventos coma este. Castillejo salienta que hai moitos temas de actualidade “candentes” dos cales “non se soe falar” dende unha perspectiva de xénero. O propio nome do curso non deixa lugar a dúbidas: no tocante ás cuestións de xénero, predomina un “sistema de (in)xustiza”. A catedrática matiza que, malia que se pense que xa hai xustiza, “aínda queda moito por facer”.

Reformar o Código Penal?

Unha das cuestións fundamentais que se tratan neste curso, que conta con nove palestras, é a necesidade de reformar o Código Penal para “definir claramente” a lexislación en materia de xestación subrogada, violencia contra a muller ou dereitos do colectivo LGTBI.

Facendo alusión á polémica sentenza da Manada, Raquel Castillejo asegura que, posto que non puido ver as probas amosadas e xa houbo un tribunal capacitado para xulgar, acata a sentenza. Porén, lembra que é preciso establecer unha tipificación “máis concreta” dos delitos de abuso sexual e violación.