Home Programas Espazo Aberto Pedro Puy xustifica o peche do paritorio de Verín: “É unha medida racional e razonable”

Pedro Puy xustifica o peche do paritorio de Verín: “É unha medida racional e razonable”

0
Pedro Puy xustifica o peche do paritorio de Verín: “É unha medida racional e razonable”

O voceiro do Partido Popular de Galicia no Parlamento, Pedro Puy, volveu insistir na decisión do peche dos servizos de paritorio e urxencias pediátricas do Hospital de Verín. O popular recoñece que a medida xerou “um amplo descontento” demostrado con mobilizacións que concentraron a ducias de milleiros de persoas neste concello ourensán. “Se é unha tan medida racional e razonable como estamos a dicir”, sostivo o voceiro popular que engadiu: “hai un problema evidente de comunicación”. O “descontento” coa medida tomada polo Partido Popular ás portas das eleccións do 2020 mesmo traspasou ao seu partido na comarca de Ourense.