Pedro Puy: “Non pretendemos privatizar a Sanidade, senón mellorar os servizos públicos”

O PP di compartir a preocupación pola situación da sanidade pública pero ataca aos grupos da oposición por "politizar" a problemática

O voceiro do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, defendeuse das críticas da oposición asegurando que o seu partido comparte a “preocupación pola Sanidade pública”, incidindo na “boa calidade” do servizo prestado respondendo ós informes da Xunta e o Estado. Asemade, indicou que non entra nos intereses do seu partido “privatizar” a sanidade.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego