O portavoz do grupo popular no Parlamento, Pedro Puy, compareceu en rolda de prensa diante da alarma social creada pola vaga de incendios que aínda continúa. Puy deu o seu apoio aos equipos de extinción e ás forzas de seguridade do Estado nos traballos de extinción que están a desenvolver.
Puy, portavoz do @ppdegalicia, deu o seu apoio a equipos de extinción e forzas de seguridade na extinción de incendios #QueimanGalicia pic.twitter.com/U1bRYBdu9k
— Nós Televisión (@NosTelevision) 16 de octubre de 2017
En relación ás acusacións de “terrorismo” realizadas horas antes polo presidente da Xunta asegurou que existen xa denuncias de vehiculos cerca dos incendios.
Puy, portavoz do @ppdegalicia, preguntado polo “terrorismo” insistiu na idea de que existen persoas que queiman o monte #QueimanGalicia pic.twitter.com/d9wqwfSbSD
— Nós Televisión (@NosTelevision) 16 de octubre de 2017
O portavoz popular anunciou que a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, comparecerá no Pleno Ordinario para explicar como se desenvolveron os incendios destes días e os traballos de extinción.