A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é clara: a contratación de María Puy Fraga como Xefa do Servizo da Valedora do Pobo, Milagros Otero, foi “irregular”. Otero, segundo o veredicto xudicial, tería intercedido para favorecer a contratación desta funcionaria, irmá do voceiro parlamentario do PP, Pedro Puy, quen asegura non ter relación con este escándalo.
Non teño ningunha relación coa carreira profesional dunha das miñas irmás
Ondada de críticas polo “enchufe”: os grupos da oposición piden a dimisión da Valedora
Este luns, a voceira do BNG, Ana Pontón, cargou duramente contra a Valedora, anticipando que o seu grupo instará ao Pleno a pedir a súa dimisión. A deputada cre que é “inescusábel” que Otero abandone o seu cargo, e advirte a Núñez Feijóo de que non pode “escorrer o vulto”.
Durante estes días, tamén PSdeG e En Marea pediron a dimisión de Milagros Otero, alegando que non ten sentido que “a presidenta dunha institución que loita contra os abusos de poder actúe abusando do seu poder”. Dende o propio PP instan tamén a Otero a “dar explicacións” sobre o acontecido.