Case un ano despois da vaga de lumes do pasado outubro, aínda non se esqueceron as cinzas e fume que asoballaron Galicia. Este país está, por desgraza, á vangarda neste eido, xa que nos últimos anos rexistráronse máis hectáreas queimadas en incendios que no conxunto de Alemaña e Italia. O libro Incendios forestales: reflexiones desde Galicia, no que participan quince autores, tenta facer pedagoxía sobre as causas e as consecuencias do lume nos montes.
O factor humano
Nas últimas datas mantivéronse sobre a palestra cuestións como a influencia do clima, a ordenación territorial ou a presenza do eucalipto no país. Porén, neste libro, coordinado polo escritor e divulgador científico Francisco Díaz-Fierros, faise especial fincapé sobre outra cuestión transcendental: o factor humano.
Continuar o labor divulgativo
A vontade de Hércules Ediciones, editora deste volume, é continuar este labor divulgativo e educativo coa publicación, de cara ao futuro, de contos para sensibilizar á cativada. Tamén se contempla a creación de tres documentais de temáticas vencelladas ás vagas de lumes.