Os sindicatos denuncian que a Xunta actúa irresonsablemente e que, reunión tras reunión, “empeora” as condicións das e dos traballadores. Os sindicatos centran as súas críticas en Alfonso Rueda, vicepresidente galego e conselleiro de Xustiza, do que xa teñen esixida a súa dimisión.
A pasada semana, preto de 2.000 traballadores e traballadoras da administración da Xustiza manifestáronse en Santiago de Compostela, esixindo á Xunta melloras salariais e de emprego.
Galicia conta co complemento salarial máis baixo do Estado, chegando a ser 500 euros inferior ao de Catalunya ou Madrid. Emporiso, o funcionariado denuncia a “discriminación laboral” que padece dentro do sector por mor dunha longa lista de agravios.