A deputada @pau_qa non acepta a consulta de En Marea por “vulnerar os principios" da organización e resta importancia ao resultado da mesma pic.twitter.com/3xQS4qlrFw
— Nós Televisión (@NosTelevision) May 22, 2018
A consulta xa está en marcha e as e os inscritos de En Marea xa poden votar. Porén, a protagonista desta polémica e deputada desta organización, amosou esta mañá a súa posición ante as cámaras de Nós Televisión.
Non é o mecanismo que se debera empregar
A deputada, militante da corrente anticapitalista de Podemos, restou lexitimidade á consulta promovida por Luís Villares e denunciou que padece unha situación de indefensión. Quinteiro denuncia que se están a “vulnerar os principios de En Marea” ao se tratar dun proceso “revogatorio encuberto”. Ademais, tamén denuncia que a pregunta que se está somentendo a votación é “absolutamente tendenciosa” ao dar por feito que tivera empregado a súa condición de parlamentaria para beneficiarse persoalmente.