Paula Prado (PP) volve atacar a campaña ‘En negro contra as violencias’ e insinúa que non axuda ás vítimas

Xa é a segunda ocasión na que a deputada do PP ataca a exitosa campaña contra as violencias machistas no Parlamento Galego

Na mañá de onte, en pleno debate sobre as novas actuacións da Xunta de Galicia para combater as violencias machistas, a deputada do PP, Paula Prado, volveu protagonizar unhas duras críticas contra a campaña ‘En negro contra as violencias’ impulsada polo concello de Santiago e asumida, na actualidade, por un terzo dos concellos galegos así como tamén por tres das catro Deputacións provinciais.

- Publicidade -

O máis importante é contratar todo a unha empresa amiga

Dun xeito similar a unha intervención realizada no pasado ano, Paula Prado acusou directamente aos concellos impulsores desta masiva campaña de gastar o diñeiro público en publicidade para beneficio dunha única empresa. “Uns gastan os cartos en propaganda e outros en recursos para as vítimas”. Así foi a súa intervención no día de onte na que denunciou o suposto amiguismo nesta campaña:

Na actualidade, mentres un terzo dos concellos galegos xa están unidos á campaña ‘En negro contra as violencias” e xa está convertida, de facto, nunha campaña de país. A Xunta, tras negarse a participar nesta campaña, presentou a súa propia e optou por imitar o modelo de difusión da campaña xurdida en Compostela.

Lonxe das duras críticas de Paula Prado quere situarse o PP local. Deste Nós Televisión conversamos a comezos desta semana coa concelleira do grupo municipal do PP no concello de Santiago, María Corral, para saber que opina. “Para min non hai ningunha polémica”, asegura, “todas as campañas son benvidas”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego