O Secretario Xeral de Kontseilua, o Consello dos Organismos Sociais do Éuskero, Paul Bilbao, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, presentaron o Protocolo de Donostia para a para a garantía dos dereitos lingüísticos na Real Academia Galega e no Parlamento de Galiza. Nunha xornada intensa, na que Paul Bilbao participou nos XIX Encontros para a Normalización Lingüística no Consello da Cultura Galega, este salientou a responsabilidade dos organismos públicos neste tema e defendeu o traballo que está a realizar en Galiza a Mesa pola Normalización Lingüística.
.@paulbilbao @amesanl Paul Bilbao: “A ILP que presenta a Mesa coincide co traballo do Protocolo de Donosti” https://t.co/6O48i6x5rn pic.twitter.com/HRCsbr11NU
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 abril 2017
O Protocolo de Donostia é froito dun proceso de acordo desenvolvido nos anos previos por diferentes grupos de traballo, combinando os enfoques científico, académico e social, para construír unha ferramenta que permita reverter a situación das linguas minorizadas e construír unha Europa baseada na igualdade entre as comunidades lingüísticas. O documento internacional foi promovida por Kontseilua e outras entidades internacionais, contou coas achegas de ducias de entidades sociais de toda Europa recollidas por un Comité científico no que participou a profesora da Universidade da Coruña e activista da lingua galega, Pilar García Negro.
“A boa recollida de sinaturas amosa a alta demanda de galego por parte da sociedade”
.@paulbilbao @amesanl .@maceiragz: “A boa recollida de sinaturas para a ILP amosa que hai unha tremenda demanda de galego na sociedade” https://t.co/6O48i6x5rn pic.twitter.com/UMQ5IZpC83
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 abril 2017