A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, presentaron na sala de prensa do Pazo de Raxoi a II edición de Santiago Paixón Doce e a aposta pola difusión da Festa da Uña de San Lázaro.
Sara Santos comentou que a repetición de Santiago Paixón Doce débese á grande aceptación da iniciativa entre o sector.
A Festa das Uñas no barrio de San Lázaro terá lugar este ano do 31 de marzo ao 3 de abril, uns días antes do comezo de Santiago Paixón Doce. Nesta edición participan arredor duns 20 estabelecementos do barrio.