Home Programas Área Compostela O parque comarcal de bombeiros comezará funcionar a comezos de 2019

O parque comarcal de bombeiros comezará funcionar a comezos de 2019

0
O parque comarcal de bombeiros comezará funcionar a comezos de 2019

Novos avances no proceso de comarcalización do parque de bombeiros de Compostela. Logo da xuntanza que mantiveron o pasado mércores os alcaldes dos concellos da zona e os representantes da Xunta de Galicia, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, deu conta dos asuntos abordados nese encontro.

Os rexedores acordaron seguir avanzando neste proceso que beneficiará “a toda a área de Santiago”, xa que se conseguirá que o servizo chegue “ao 95% da poboación” en menos de vinte minutos. O parque comarcal comezaría funcionar, segundo as previsións, a comezos do ano 2019. Duro confía en atopar unha solución ao conflito coa denominada “taxa de reposición”, que impediría aumentar a contratación de efectivos.