Para o BNG é “absolutamente imposíbel” votar a favor da proposta de orzamentos de Compostela Aberta

Duras críticas do Bloque local contra o goberno de Compostela Aberta ao que acusan de actuar con irresponsabilidade

Os concelleiros do BNG Goretti Sanmartín e Rubén Cela, amosaron o seu descontento co primeiro borrador dos Orzamentos do Goberno de 2019. Denuncian o incumpremento dos acordos acadados dos anos anteriores entre os dous partidos e a baixa execución dos orzamentos, de menos do 70%, Finalmente, de non acadar acordo, consideran que será “absolutamente imposible votar a favor”.

O grupo municipal do BNG realizou na mañá de hoxe unha primeira valoración sobre o extracto dos Orzamentos que lle trasladou o Goberno de Compostela xusto antes da súa presentación pública. Deste xeito, se expresaron na mañá de hoxe tanto a portavoz municipal da formación, Goretti Sanmartín, como Rubén Cela.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Desde o Bloque advirten de que “a responsabilidade de que se prorroguen os Orzamentos será exclusiva de Compostela Aberta e acusan á formación que lidera Noriega de non ter a suficiente “vontade” para chegar a acordos cos grupos da oposición.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -