A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, compareceu este martes para marcar a posición de En Marea respecto do proxecto de orzamentos para 2019 que presentou o Goberno de Pedro Sánchez.
Díaz detallou que os Orzamentos que o Goberno presenta son “moi malos para Galicia” e colócanos na antepenúltima posición despois da Rioja, cunha redución do 20% no investimento, a un orzamento que xa o PP rebaixara sustancialmente. Ademais, reducen o fondo de compensación interterritorial. “É inasumible que En Marea de un si a estes orzamentos”, explicaron.
“Son inadmisibles”
Ademais, o tamén deputado de En Marea no Parlamento Galego e voceiro de Anova tamén falou para Nós Televisión sobre esta proposta de Orzamentos e lamentou a falta de contundencia para defender as maiorías sociais e os intereses de Galicia.