Home Programas Espazo Aberto Pagar máis por producir leite?

Pagar máis por producir leite?

0
Pagar máis por producir leite?

A situación das granxas produtoras de leite no soso país non está para tirar foguetes. A Federación Rural Galega denuncia que desde a Interprofesional Láctea española (INLAC), na que están as industrias e os produtores, queren repartir por igual todos os seus gastos. Así nolo explica Manuel Dacal, coordinador de FRUGA.

A medida afecta ás 7.763 explotacións lácteas galegas

O sindicato galego denuncia que se quere introducir novos conceptos nas facturas que non repercuten nas explotacións do país. En total a cantidade que reclaman desde España é de 11,7 millóns de euros, dos cales a metade serán pagos polas explotacións lácteas, a costa do prezo do leite. Nesta situación estarían as 7763 explotacións lácteas que a día de hoxe quedan en Galiza.

Segundo FRUGA a papel da INLAC, no que respecta aos prezos do leite, “está sendo nefasto”. Achegan os datos de que desde o ano 2002 até hoxe, o índice de prezos do leite o consumidor aumentou un 24,2 e os produtos lácteos un 26,7, pola contra o prezo do leite pagado ao sector produtor baixou en torno a un 13%.

A interprofesional láctea soamente sirve para os intereses da industria,

FRUGA cuestiona e a representatividade do sector produtor nese organismo, e a utilidade das actuais organizacións de produtores.

Ademais desde esta organización explican que neste período as organizacións de produtores, non contribuíron a poder negociar uns prezos dignos para o leite que se produce en Galiza.