Un pacto entre PSOE e PP deixa fóra a En Marea da Mesa que analizará as reformas de política forestal

En Marea difunde un vídeo no que explican o sucedido

- Publicidade -

“Todos deberíamos estar representados”. Deste xeito o explicaba o deputado da Marea, Davide Rodríguez, esta mesma tarde, amparándose na importancia dos debates que haberá na Comisión especial de estudo e análise das reformas de política forestal, de prevención e extinción de incendio.

Porén, un pacto entre o PSOE e o PP, tal e como denuncian desde En Marea, deixa fóra ao principal partido da oposición no Parlamento Galego da Mesa desta mesma comisión.