Para @pacoreyesstgo, a proposta de orzamentos municipais de Compostela son "unha falsidade" https://t.co/AcgSV3CGu2 pic.twitter.com/V39UfYi4dx
— Nós Televisión (@NosTelevision) 10 xaneiro 2017
O voceiro do PsdeG-PSOE, Paco Reyes, indicou hoxe en rolda de prensa que os orzamentos son unha falsidade. Os motivos, entre outros, que non contan con enfoque de xénero e que non son sociais. A maiores, resaltou a presenza do turismo neles e tamén a figura da mocidade.
Para Martiño Noriega a proposta orzamentos propostos son “expansivos”
Pola contra, para @martinhonoriega non houbo proposta duns orzamentos tan expansivos desde 2009 https://t.co/AcgSV3CGu2 pic.twitter.com/Xf2EEBuOpJ
— Nós Televisión (@NosTelevision) 10 xaneiro 2017
O alcalde do Concello, Martiño Noriega, respondeu ás declaracións do voceiro do PSdeG, indicando que desde o Goberno mantense a aposta do ano pasado no relativo ás políticas sociais e que, a maiores, preténdese reforzar a política cultural.
Noriega salientou que, na cidade de Compostela, non houbo orzamentos tan expansivos desde 2009. Isto débese á captación de fondos e a que, na actualidade, o Concello atópase nunha situación máis favorable.