Home Programas Área Compostela Paco Reyes satisfeito coa creación dun Museo da Historia da Medicina en Santiago

Paco Reyes satisfeito coa creación dun Museo da Historia da Medicina en Santiago

0

O voceiro socialista no concello de Santiago, Paco Reyes, amosou esta mañá a súa satisfacción pola decisión de crear na cidade un Museo da Historia de Medicina en Compostela anunciado polo decano da Facultade de Medicina.

Paco Reyes sinalou, iso si, que a súa ubicación debería ser outra á proposta para facilitar o seu acceso.

O voceiro socialista tamén solicitou que se tivera en conta outra das demandas da súa formación: a creación do Museo do Xornalismo de Galiza. Ambas peticións o edil do PSOE pensa trasladalas ao rector da Universidade.